Tempo: A historia e o futuro de todo - Remasterizado | Kurzgesagt

🎁Amazon Prime 📖Kindle Unlimited 🎧Audible Plus 🎵Amazon Music Unlimited 🌿iHerb 💰Binance

Vídeo

Transcrición

Tempo…

ten sentido en pequenas partes.

Pero cando miras grandes prazos de tempo,

é case imposible meter na cabeza tanta cousa.

Polo que comecemos co pequeno…

cos minutos, horas e días.

Probablemente pasaches a maior parte das últimas 24 horas durmindo e traballando,

e probablemente gastaches un bo anaco de onte

en Internet.

Os días vólvense semanas, as semanas en meses,

e xa temos un ano.

Miremos ao 2017.

Francia comezou a entrenar águias para cazar drons terroristas,

unha planta nuclear checa convocou un concurso de bikini

para escoller á súa nova practicante,

e a xente no Internet comezou o challenge

de beber lixivia.

Xa sabes, o de sempre.

Vaiamos máis lonxe.

Un neno nacido no primeiro ano do Século XXI

ten xa 18 anos.

Pero o século aínda é novo, aínda que ti non o sexas.

Foi en grande parte influido polos ataques do 11S,

que seguiron coa Guerra de Afganistán

e a invasión de Iraq.

En marzo de 2011,

comezou a Guerra Civil Siria,

que continúa tras sete anos.

A maioría de nós nacimos no Século XX,

que tivo as dúas máis devastadoras guerras da historia humana,

e a Guerra Fría.

Por primeira vez,

puidemos destruirnos coas armas nucleares,

e case o fixemos,

pero tamén tivemos a carreira espacial e saímos da Terra por primeira vez.

Tamén inventaron Internet,

o que orixinou aos memes,

pero tamén a Facebook e Twitter,

polo que en conxunto,

non estamos seguros de que sexa un BO desenvolvemento.

O humano medio vive uns 79 anos,

o que abrangue un bo anaco da historia recente.

A persoa máis vella con vida na Terra é Celino Jaramillo,

nado en 1896,

polo que o seu nacemento foi máis próximo a cando Napoleón gobernaba Europa

que ao día de hoxe.

Hai só 250 anos,

a Revolución Industrial converteu ao Mundo nunha máquina de progreso.

Os agricultores convertéronse en traballadores e o coñecemento tornouse máis doado.

Neste tempo,

comezaron os procesos que causan o cambio climático actual.

Non hai tanto, en realidade.

A Teoría da Evolución cambiou como nos vemos a nós mesmos

e ao Mundo no que vivimos.

Newton escribiu a súa Teoría da Gravidade.

Descubrimos estrelas distantes

e bacterias moi próximas.

O Século XV foi moi acontecido.

O “descubrimento” de Colón de América

e a caída de Constantinopla

marcaron a fin da Idade Media.

A guerra estivo de moda na Idade Media,

pero o asasino número un era a enfermidade.

A peste negra matou a un tercio dos europeos

en só seis anos.

Hai uns 2.000 anos,

marcamos o arbitrario Ano 1 do noso calendario

que a maior parte do Mundo segue hoxe.

Pero para un romano, o Mundo xa era antigo.

As Grandes Pirámides foron construídas hai 4.500 anos.

Polo que, para un romano,

as pirámides eran máis antigas do que os propios romanos son para nós hoxe.

Tan antigas,

que aínda había mamuts vivos na Terra.

Moita historia pasou antes diso, incluso.

Hai uns 7.000 anos,

os humanos comezaron a escribir cousas.

Hai 12.000 anos,

a organización humana explotou.

Construimos o noso primeiro templo,

e en todo o Mundo, a humanidade comezou a cultivar,

o que permitiu o ascenso de comunidades máis grandes.

A nosa dominancia no Planeta Terra en realidade comezou aquí.

“Homo sapiens sapiens”, o humano moderno,

abarca os últimos 200.000 anos.

Hai 50.000 anos,

a Revolución Cognitiva expandíu as nosas mentes e innovación.

Naquel momento, compartimos a Terra con polo menos outras cinco especies humanas

que ou faleceron, ou foron asasinadas por nós.

Hai polo menos 2 millóns de anos,

os nosos ancestros xa tiñan o control do lume

e fabricaban ferramentas de madeira e pedra.

E hai seis millóns de anos,

existiu o derradeiro ancestro común dos chimpancés e humanos.

Así, este gráfico é toda a historia humana.

O noso parente, “Homo erectus”,

sobreviviu 10 veces máis do que existimos nós.

Este pequeno anaco é a Era dos Humanos.

Temos que facer moito zoom

para ver o tempo da túa vida.

Aínda así, toda a historia humana non dura tanto.

Hai 65 millóns de anos,

a Era dos Dinosauros rematou nunha enorme explosión.

Os dinosauros gobernaron a Terra

durante 165 millóns de anos.

27 veces máis que todos os humanos.

Foi tanto tempo,

que un “T. rex” que viviu hai 65 millóns de anos

está máis próximo hoxe a nós

que a un “Stegosaurus” vivo.

Os dinosauros en forma de poderosas galiñas

aínda están hoxe connosco.

A vida animal neste planeta comezou hai 600 millóns de anos.

Os primeiros animais foron peixes e outras criaturas do mar sinxelas,

despois viñeron insectos, despois réptiles

e finalmente, hai uns 200 millóns de anos,

os mamíferos uníronse á partida.

A vida mesma comezou moito máis atrás.

Hai evidencia de que apareceu hai uns

4,1 MILES DE MILLÓNS de anos.

Durante polo menos 3,5 miles de millóns de anos,

a vida só consistIu en organismos unicelulares.

Hay 4,5 miles de millóns de anos,

naceu o Sol no colapso dunha xigantesca nube de gas.

60 millóns de anos despois, formouse a Terra.

Neses primeiros anos,

frecuentes bombardeos de cometas e asteroides

subministraron á Terra grandes océanos.

Pero, en canto a todo o Universo,

o noso Sistema Solar é moi novo.

Hai 13,75 miles de millóns de anos,

naceu o Universo.

E uns 500 millóns de anos máis tarde,

a nosa galaxia se formou a partir de miles de millóns de estrelas.

Pero, que pasou antes do Big Bang?

O certo é…

que non o sabemos, e pode que nunca o saibamos.

E aí tes…

O pasado.

Agora botemos unha ollada ao que sabemos do futuro.

En aproximadamente mil millóns de anos,

o Sol estará tan quente

que a vida na Terra vai ser imposible.

A morte do Sol sucederá 4 mil millóns de anos despois

o que marca o fin da vida no Sistema Solar.

Se queremos ter a oportunidade de sobrevivir,

precisamos aventurarnos ás estrelas.

E que pasa despois de iso?

Nos próximos CEN MIL millóns de anos,

a maioría das maiores estrelas ao noso redor morrerán.

O Universo vaise facer cada vez máis escuro,

iluminado só polas máis pequenas enanas vermellas e brancas.

Pero elas tamén acabarán por queimarse

e un día…

a derradeira estrela do Universo vai morrer.

O Universo vaise tornar escuro,

e nalgún punto,

mesmo os buratos negros vanse evaporar e morrer.

Cando o fagan, o Universo chegará á súa etapa final:

Morte térmica.

Nada vai suceder nunca; o Universo está morto.

Para sempre.

Estás a ter uns sentimentos bastante raros agora, non si?

Nós tamén.

É natural.

A boa noticia é

que todo isto está moi, moi lonxe.

O único tempo que importa en realidade

é o “agora”.

Esa rapaza ou rapaz guapo que che gusta,

pídelle saír!

O tempo é precioso.

Faino contar!

Unha das preguntas máis frecuentes é como facemos as animacións dos vídeos.

A resposta corta é con Adobe After Effects e anos de adestramento.

Pero se desexas botar unha ollada, temos algo para ti.

Fixemos tutoriais de Skillshare

explicando en detalle como animamos escenas dos nosos vídeos.

Se non o coñeces,

Skillshare é unha comunidade de aprendizaxe en liña con máis de 18.000 clases

en cousas como a escritura, animación e edición de vídeos.

Os membros Premium teñen acceso ilimitado

a clases de alta calidade de profesionais que traballan nos seus campos

para que poidas mellorar as túas habilidades,

desbloquear novas oportunidades

e traballar no que te gusta de verdade.

Tamén é moi accesible.

A subscrición anual é inferior a 10 $ ao mes.

As primeiras 1000 persoas que se subscriban

pagarán só 99 céntimos os dous primeiros meses.

Así que se queres aprender novas cousas e apoiar Kurzgesagt,

próbao

Como te pareceu este remake?

Estamos pensando en refacer algúns dos nosos vídeos máis vellos nos próximos un ou dous anos.

Que vídeos queres que volvamos a facer?