Que é a vida? A morte é real? | Kurzgesagt

🎁Amazon Prime 📖Kindle Unlimited 🎧Audible Plus 🎵Amazon Music Unlimited 🌿iHerb 💰Binance

Vídeo

Transcrición

A vida é fundamentalmente diferente das cousas mortas. Ou se cadra non?

O físico Erwin Schrödinger definiu a vida da seguinte maneira:

Os seres vivos evitan caer nun estado de desorde e equilibrio.

Que significa isto?

Vamos supor que o teu cartafol de descargas é o universo.

Comezou ordenadamente, e virou cada vez máis caótica co tempo.

Ao dedicarlle enerxía, podes crear orde e limpar o cartafol.

Isto é o que fan os seres vivos.

Mais que é a vida?

Todos os seres vivos do planeta están compostos de células.

Basicamente, unha célula é un robot de proteínas, moi pequeno para sentir nada.

Ten as propiedades con que definimos a vida:

Ten unha barreira que a separa do contorno, creando orde;

autorregúlase e mantén un estado constante;

come cousas para se manter viva;

crece e desenvólvese;

reaxe ao ambiente;

e está suxeita á evolución;

e fai máis de si mesma.

Mais de todas as partes que forman unha célula, ningunha está viva.

Unhas cousas reaxen quimicamente con outras cousas, formando reaccións.

que inician outras reaccións, que inician outras reaccións.

Nunha única célula, a cada segundo, ocorren varios millóns de reaccións químicas,

formando unha orquestra complexa.

Unha célula pode formar millares de tipos de proteínas:

unhas moi simples, outras complexas micromáquinas.

Imaxina conducir un automóbil a 100 km/h mentres constantemente reconstrúes

cada unha das súas partes con cousas que apañas da rúa.

Isto é o que fan as células.

Mais ningunha parte da célula está viva; todo é materia morta

movida polas leis do universo.

Entón a vida é un agregado de todos eses procesos reactivos que ocorren?

Ao final, todas as formas de vida morrerán.

O obxectivo do proceso todo é previr iso producindo novas entidades;

ou sexa, ADN.

A vida é, de certa formas, só un feixe de cousas que carregan información xenética.

Todas as formas de vida están suxeitas á evolución.

e o ADN que desenvolve a mellor forma de vida para si continuará no xogo.

Entón, é o ADN a vida?

Se consideras o ADN fóra do seu casco, certamente é unha molécula ben complexa.

mais non pode facer nada por ela mesma.

Aquí é onde os virus fan todo máis complicado.

Eles son basicamente cadeas de ARN ou ADN nun casco pequeno

e precisan das células para facer algo.

Non estamos certos de se contan como vivos ou mortos.

Aínda así, hai 225 millóns de m³ de virus na Terra.

Parece que tanto lles ten o que pensemos deles.

Mesmo hai virus que invaden células mortas e as reaniman

para poder hospedalas, o que difumina a liña aínda máis.

Ou as mitocondrias.

Son as centrais de enerxía das células máis complexas e

antes eran bacterias independentes que se asociaron con células maiores.

Aínda teñen o seu propio ADN e poden multiplicarse por si mesmas, mais

xa non están vivas; están mortas.

Isto é, trocaron a súa propia vida pola sobrevivencia do seu ADN,

o que significa que as formas de vida poden evoluír para cousas mortas se é beneficioso

para o seu código xenético.

Entón, se cadra a vida é información que se asegura de continuar a existir.

Mais que pasa coa intelixencia artificial?

Segundo as explicacións máis comúns, estamos a piques de crear vida artificial

nos computadores.

É apenas unha cuestión de tempo até que a nosa tecnoloxía chegue alá.

E isto non é ficción científica tampouco;

hai moitas persoas intelixentes a traballar activamente nisto.

Poderiamos argumentar que os virus informáticos están vivos.

Mmm, moi ben. Que é a vida entón?

Cousas, procesos, ADN, información?

Isto faise confuso moi rápido.

unha cousa é certa:

a idea de que a vida é fundamentalmente diferente das cousas mortas

porque contén algún elemento non-físico

ou é gobernada por principios diferentes dos obxectos inanimados

resultou estar errada.

Antes de Charles Darwin, a humanidade definira unha liña entre ela e o resto

das formas de vida; había algo máxico sobre nós que nos fixo especiais.

Cando tivemos que aceptar que somos só un ser vivo máis, un produto da evolución

definimos unha liña diferente.

Mais canto máis sabemos do que son capaces os computadores e como funciona a vida

máis nos achegamos a crear a primeira máquina que encaixe na descrición de vida,

e máis en perigo fica, de novo, a nosa imaxe de nós mesmos.

E isto vai acontecer cedo ou tarde.

E aquí tes outra cuestión:

se todo no universo está feito das mesmas cousas,

quere iso dicir que todo no universo está morto

ou que todo no universo está vivo?

É só unha cuestión de complexidade?

Significa isto qe non podemos morrer

porque nunca estivemos vivos nun primeiro lugar?

É a vida e a morte unha cuestión irrelevante e aínda non nos decatamos?

É posíbel que formamos parte do universo moito máis do que pensamos?

Non olles para nós, non temos ningunha resposta para ti.

Son apenas cuestións para pensares.

Ao final, é pensar en cuestións como estas o que nos fai sentir vivos

e o que nos conforta un pouco.

Subtitles by the Amara.org community