Porqué as baleas azuis non sufren de cancer - A paradoxa de Peto | Kurzgesagt

🎁Amazon Prime 📖Kindle Unlimited 🎧Audible Plus 🎵Amazon Music Unlimited 🌿iHerb 💰Binance

Vídeo

Transcrición

O cancro é unha cousa espeluznante e misteriosa.

Mentres intentamos entendelo,

para poder matalo mellor,

descubrimos un paradoxo biolóxico que segue sen resolver ata hoxe:

Os animais grandes parecen ser inmunes ao cancro,

e iso non ten sentido. [Esquerda: Teoría][Dereita: Práctica]

Canto máis grande sexa un ser, máis cancros debería ter.

Para entender o por que primeiro necesitamos botarlle un ollo á natureza do cancro en si.

[Música da introducción de Kurzgesagt]

Kurzgesagt En Resumo

As nosas células son robots proteicos compostos por centos de millóns de partes.

Guiados só por reaccións químicas,

as partes da célula crean e desmantelan estruturas,

manteñen o metabolismo para obter enerxía

ou fan copias case perfectas de si mesmas.

A estas complexas reaccións químicas chamámoslles vías.

Son redes bioquímicas entrelazadas e construidas unhas enriba doutras.

A maioría delas apenas poden ser comprendidos por unha soa mente humana, e porén funcionan perfectamente…

Ata que non o fan.

Con miles de millóns de reaccións sucedendo en miles de redes ao longo de moitos anos,

a pregunta non é se algo irá mal, senon cando.

Os pequenos erros acumúlanse ata que a grandiosa maquinaria corrómpese.

Para evitar que se descontrole,

as nosas células teñen interruptores de parada que lles fan suicidarse.

Pero estes interruptores non son infalibles.

Se fallan, unha célula pode converterse nunha célula cancerosa.

A maioría delas son asasinadas polo o sistema inmune rapidamente.

Pero este é unha batalla de cantidades.

Dado o tempo suficiente, unha célula acumulará os erros necesarios, pasará desapercibida e comezará a facer copias de si mesma.

Todos os animais teñen que tratar con este problema.

En xeral as células dos diferentes animais teñen o mesmo tamaño.

As células dun rato non son máis pequenas que as túas. [Tamaño das células: 10 a 100 µm]

Os ratos só ten menos células en total e unha vida útil máis curta. [Esquerda: Células de múrido] [Dereita: Células de humano]

Menos células e unha vida máis curta significa unha menor posibilidade de que as cousas vaian mal ou de que as células muten,

ou polo menos debería ser así.

Os humanos viven aproximadamente 50 veces máis, e ten miles de veces máis células que os ratos, [Ratos: 2 anos e 10 mil millóns de células, Humanos: 100 anos e 30 billóns de células]

porén a taxa de cancro é basicamente a mesma en humanos e en ratos.

Ademais as baleas azuis, con 3 000 veces máis células que os humanos, non parecen sufrir de cancer. [Balea azul: >100 anos e 100 000 billóns de células]

Esta é a paradoxa de Peto:

O incrible descubrimento de que os animais grandes sufren moito menos cancro do que deberían.

Os científicos pensan que hai dúas formas principais de explicar o paradoxo; evolución e hiper tumores.

Primeira explicación: Ou evolucionas ou converteste nunha morea amorfa de cancros.

Tras a aparición dos seres pluricelulares hai 600 millóns de anos

estes foronse facendo cada vez máis grandes.

Iso implicou a adición dun número crecente de células; e, polo tanto, máis e máis posibilidades de que as células poidan corromperse.

Así que a vida tivo que investir en mellores defensas contra o cancro.

Os que non o fixeron extinguíronse.

Pero o cancro non sucede de súpeto.

É un proceso que implica moitos erros e mutacións individuais en varios xenes específicos dentro da mesma célula.

Estes xenes nomeanse proto-oncoxenes, e cando mutan é unha mala noticia.

Por exemplo, mutando da forma correcta, unha célula pode perder a súa capacidade de suicido.

Outra mutación e desenvolverá a capacidade de ocultarse.

Outra mutación e enviará peticiones de recursos.

Outra e multiplicarase rapidamente.

Estes oncoxenes teñen un contrincante;

xenes supresores tumorais.

Estes xenes evitan directamente que ocorran as mutacións decisivas, ou ordenan que a célula se suicide se deciden que xa non é arranxable. [Cuidadores e Guardias]

Ocorre que os animais grandes teñen unha maior cantidade deles.

Por iso, as células dun elefantes precisan máis mutacións que as células dun rato para que apareza un tumor. [Esquerda: Células de múrido; Dereita: Células de elefante]

Non son inmunes, senón máis resistentes.

Esta adaptación probablemente cree algunha desvantaxe, pero os investigadores aínda non están seguros de cal é.

Quizais os supresores tumorais fan que os elefantes envellezan máis rápido de vellos, ou ralenticen a curación das feridas.

Aínda non o sabemos.

Pero a solución ao paradoxo podería ser algo diferente.

“Hipertumores”

Explicación 2: Hipertumores

Solución 2: Hipertumores (Si)

Solución 2: Hipertumores (Si, en serio.)

Os hipertumores chamanse así polos hiperparásitos: parásitos que parasitan outros parásitos.

Os hipertumores son os tumores dos tumores.

O cancro pódese describir coma unha ruptura na cooperación.

Habitualmente as células traballan xuntas para formar estruturas como órganos, tecidos ou elementos do sistema inmune.

Pero as células cancerosas son egoístas e só buscan o seu propio beneficio inmediato.

Se teñen éxito, forman tumores; enormes acumulacións de cancros que poden ser moi difíciles de matar.

Pero crear un tumor require un gran esforzo.

Miles de millóns de células cancerosas multiplícanse rapidamente, e iso require moitos recursos e enerxía.

A cantidade de nutrientes que lle poden roubar ao corpo convértese no factor limitante no crecemento.

Entón, as células tumorais enganan ao corpo para que construa novos vasos sanguíneos conectandoos ao tumor, para alimentar o seu asasino.

E aquí, a propia natureza das células cancerosas é a súa propia ruina.

As células cancerosas son inestables por natureza, e polo tanto seguirán mutando.

Algúnhas delas mutarán máis rápido que as súas compañeiras.

Co tempo,

nalgún momento algunha das copias da célula cancerosa orixinal,

de súpeto pode pensar en si mesma como un individuo de novo e deixar de cooperar. [Célula: Quero emprender unha nova idea empresarial]

O que significa que, igual que lle sucedeu ao corpo, [Célula: Non nos importa]

o tumor orixinal convértese de súpeto en inimigo, [Mesaxe: Xogador 2 uniuse á partida

loitando polos mesmos nutrientes e recursos escasos.

Así, as células recén mutadas poden crear un hipertumor.

En vez de axudar, cortanlle o subministro de sangue aos seus antigos compañeiros, [Mesaxe: Reconducindo o circuíto]

o que mata de fame as células cancerosas orixinais.

Cancro matando cancros.

Este proceso pode repetirse unha e outra vez,

e isto pode previr que o cancro se converta nun problema para os organismos grandes. [Elefante mariño]

É posible que os animais grandes teñan máis hiperturmores do que nos decatamos,

sinxelamente pode que non poidan crecer ata un tamaño notable.

O que ten sentido, un tumor de 2g é o 10% do peso corporal dun rato,

mentres que é inferior ao 0,002% dun ser humano

e o 0,000002% dunha balea azul.

Os tres tumores requiren o mesmo número de divisións celulares e teñen o mesmo número de celulas.

Así, unha balea azul vella pode encherse con cancros minúsculos e non importarlle. [99 tumores, 0 problemas]

Existen outras explacións para o paradoxo de Peto,

como diferentes taxas metabólicas

ou unha arquitectura celular diferente.

Pero agora mesmo non sabemos.

Os científicos están a traballar no problema.

Descubrir como os animais grandes son tan resistentes a unha das enfermidades máis mortais que coñecemos,

podería abrir o camiño cara a novas terapias e tratamentos. [Esquerda: Células de elefante; Dereita: Células humanas]

O cancro sempre foi un reto.

Hoxe, finalmente, comezamos a entendelo

e facéndoo, algún día poderemos superalo.

Este vídeo foi patrocinado por …

TI!

Paxaro: QUE?

Se queres axudarnos a facer máis cousas, podes facelo apoiándonos en Patreon, [Fondos de escritorio, Muro da fama, Postales, Música]

ou mercar algunha das cousas fermosas que fixemos, [Mercadorías]

como o noso Caderno do Explorador Espacial con páxinas infográficas únicas para inspirar a túa creatividade, [Enlace na descripción]

ou un paquete de carteis infográficos,

ou a moi sudadera Kurzgesagt,

ou se non a mercaras a primeira vez, [Só mentres queden existencias]

a segunda edición do noso diario de agradecemento.

Dedicamoslle moito tempo e cariño á nosa mercancía, porque do mesmo xeito que cos nosos vídeos,

só queremos compartir co mundo cousas coas que estemos satisfeitos.

Kurzgesagt é un proxecto que en realidade non debería funcionar.

Vídeos como o que acabas de ver levanos meses facelos, e só lle podemos dedicar tanto tempo

grazas ao teu apoio directo,

porque ves e compartes, e porque te importa.

Grazas por ver.

[Tema espacial de Kurzgesagt]