Contaminación plástica: Como os humanos están convertendo o mundo en plástico. | Kurzgesagt

🎁Amazon Prime 📖Kindle Unlimited 🎧Audible Plus 🎵Amazon Music Unlimited 🌿iHerb 💰Binance

Vídeo

Transcrición

Cando os deuses concederon un desexo ao rei Midas, desexou que todo o que tocase se convertera en ouro.

Midas estivo encantado. Árbores, pedras, edificios, todo ouro.

Pero pronto deuse conta horrorizado que a súa comida se covertía tamén en ouro.

Cando abrazou á sua filla para aliviar a súa dor, percatouse do seu erro demasiado tarde.

O home máis rico estaba famento, desconsolado e só.

Á humanidade concedéuselle un desexo similar cando aprendeu a converter unha masa marrón e fedorenta em algo máxico - plástico.

Barato, estéril e práctico, cambiou as nosas vidas.

Pero esta tecnoloxía maravillosa foisenos un pouco das mans.

O plástico tiña saturado o noso ambiente.

Tiña invadido aos animais que comemos e agora está entrando nos nosos corpos.

Que é o plástico?

Durante a maior parte da nosa historia, os humanos usamos elementos que encontramos na natureza para elaborar o que necesitábamos.

Pero a invención do plástico, aproximdamente hai 100 anos, cambiou o noso mundo completamente.

O plástico é feito de polímeros - longas cadeas repetitivas de grupos de moléculas.

Na natureza, os polímeros existen por todas partes: paredes celulares, seda, cabelo, exoesqueleto dos insectos, ADN.

Pero tamén é posible crealos.

Descompoñendo o petróleo nos seus compoñentes and reordenándoos, podemos crear novos polímeros sintéticos

Os polímeros sintéticos teñen propiedades extraordinarias.

Son lixeiros, durables e poden ser moldeados para ter case calquera forma.

Sen requerir traballo manual demorado, o plástico pode ser producido en masa facilmente.

e os seus materiais brutos están dispoñibles en grandes cantidades.

E increblemente barato, polo que comenzaba a era dorada dos plásticos.

A baquelita usada para partes mecánicas, PVC para elementos de fontanería e eléctricos,

A resina acrílica é unha alternativa resistente ao vidro e o náilon para medias e equipamento de guerra.

Hoxe case todo é, polo menos parcialmente, feito de plástico.

As nosas roupas, teléfonos, ordenadores, mobles, electrodomésticos, casas e coches.

O plástico deixou hai tempo de ser un material revolucionario, para converterse en lixo.

Vasos de café, bolsas de plástico, e elementos para envolver un plátano. Non pensamos moito sobre estos feitos.

O plástico só aparece e desaparece.

Desafortunadamente, non é así.

Desde que os polímeros sintéticos son tan durables, o plástico tarda entre 500 e 1.000 anos en desaparecer.

Pero, de algún xeito, decidimos conxuntamente utilizar este supermaterial resistente para cousas ideadas para ser descartadas.

O 40% dos plásticos son utilizados para embalaxes.

Nos Estados Unidos, as embalaxes son 1/3 de todo o lixo que é xerado anualmente.

Desde a súa invención, temos producido sobre 8.300 millóns de toneladas métricas de plástico.

335 millóns de toneladas somente en 2016.

Máis de 6.300 millóns de toneladas métricas de plástico convertéronse en lixo desde 1907.

Apilados nun só lugar, representaría un cubo cunha lonxitude de lado de 1,9 quilómetros.

Así, que fixemos con todo este lixo?

O 9% foi reciclado, o 12% queimado.

Pero

o 79% aínda anda por aí

Unha grande parte acaba no océano. Arredor de 8 millóns de toneladas por ano.

Iso é tanto plástico que en 2050 pesará máis que todo o peixe dos océanos.

Como está por todos lados, os animais mariños quedan atrapados en plástico e o inxiren.

En 2015, case o 90% das aves mariñas tiñan comido plástico.

Moitos animais morren de fame cos estómagos cheos de lixo indixerible. En 2018, un cachalote morto foi arrastrado ao litoral español.

Tiña comido 32 quilos de bolsas plásticas, redes e un tambor.

Mentres esto é tráxico e é portada de grandes revistas, hai unha aínda máis extendida

forma de plástico invisible.

Microplásticos

Os microplásticos son pezas menores de 5 milímetros.

Algúns deles son usados en cosméticos ou en pasta de dentes,

pero a maioría son residuos flotantes que están constantemente expostos á radiación UV

e rómpense en pezas cada vez máis pequenas.

51 billóns (europeos) de estas partículas flotan nos océanos

que poden ser máis facilmente inxeridos por todo tipo de vida mariña

Isto elevou a preocupación entre os científicos,

especialmente en relación aos riscos das sustancias químicas engadidas ao plástico na saúde

O bisfenol A (BPA), por exemplo, fai as botellas de plástico transparentes.

Pero tamén hai evidencias de que interfire co sistema hormonal. Os ftalatos (DEHP) fan os plásticos máis flexibles.

Pero poden causar cáncer.

Sería bastante malo que os microplásticos sexan tóxicos, xa que viaxan a través da cadea alimentaria.

O zooplancto come microplástico. Os peixes pequenos comen zooplancto.

Como tamén o fan as ostras, cangrexos e peixes predadores e, todos eles aterrizan no noso plato.

Os microplásticos foron encontrados no mel, no sal de mesa, na cervexa, na auga da billa e no polvo que nos rodea.

8 de cada 10 bebés e casi todos os adultos

teñen cantidades medibles de ftalatos, un aditivo común do plástico, nos seus corpos.

E un 93% da xente ten bisfenol A (BPA) na urina.

Ata agora hai poucos estudos sobre isto e actualmente non son concluíntes.

Necesitamos moita máis investigación antes de que o pánico sexa xustificado.

Pero é definitivo dicir que un montón de cousas ocurriron que non tiñamos planexado. E temos perdido o control

sobre o plástico ata certo grao, o que é algo escalofriante.

Sendo así certamente, deberíamos prohibir os plásticos, non?

Desafortunadamente, é un pouco máis complicado que iso.

A contaminación por plástico non é o único desafío ambiental que enfrontamos.

Algúns dos substitutos do plástico teñen un impacto ambiental maior de outras maneiras.

Por exemplo:

de acordo a un recente estudio do Goberno Danés,

facer un bolsa de plástico de un só uso require tan pouca enerxía e produce emisións de CO2 tan baixas

comparadas a unha bolsa de algodón reutilizable, que se necesitaría usar a bolsa de algodón 7.100 mil veces

antes de ter menor impacto sobre o ambiente que a bolsa de plástico.

Temos por diante un complexo proceso de compensacións. Todo ten un impacto dalgún xeito

e é difícil de encontrar un equilibrio entre elas.

Os plásticos tamén axudan a resolver problemas para os que non temos boas respostas ata agora.

Globalmente, un tercio de toda a comida producida nunca é inxerida e termina pudríndose en vertedoiros, onde produce metano.

E a mellor forma de evitar que os alimentos se estropeen e produzan lixo innecesario son todavía as embalaxes plásticas.

É tamén importante indicar que a maioría da contaminación por plástico é actual.

O 90% de todo o lixo plástico que entra ao océano desde os ríos procede de dez ríos en Asia e África.

Só o Yangtze en China verte 1,5 millóns de toneladas nos océanos cada ano.

Países coma China, India,

Arxelia ou Indonesia,

industrializados a un impresionante ritmo nas últimas décadas,

están transformando as vidas de miles de millóns de personas.

Este desenvolvemento foi tan rápido

que a infraestructura de xestión do lixo non puido seguir o paso da recollida e reciclaxe de todo o novo residuo que supuxo.

Se os políticos na Europa e os Estados Unidos queren afrontar este problema,

investir en infraestrutura nos países en desenvolvemento é tan importante

como loitar contra a contaminación por plástico con campañas e redeseño de productos para diminuir

a innecesaria produción de plástico.

A conclusión é que, se non abordamos a contaminación por plástico desde unha perspectiva global, non a resolveremos.

a contaminación por plástico é un problema complexo.

Encontramos un material máxico e pasamos um bo tempo con el.

Pero necesitamos ser cautos ou, como Midas, acabaremos nun mundo que non desexamos.

As túas accións individuais diarias teñen un alto impacto. O que fas, importa!

Rexeita plásticos descartables. Convence aos teus amigos e familia para que fagan o mesmo.

Presiona a empresas e políticos para tomar os pasos necesarios para manter os océanos limpos e o alimento seguro.

Xuntos podemos vences a contaminación por plástico!

Este vídeo foi unha colaboración co Programa de Nacións Unidas para o Ambiente e súa campaña de Mares Limpos.

Se queres actuar para transformar a marea dos plásticos, vai a cleanseas.org e compremétete.