O coronavirus explicado. Que debes facer? | Kurzgesagt

🎁Amazon Prime 📖Kindle Unlimited 🎧Audible Plus 🎵Amazon Music Unlimited 🌿iHerb 💰Binance

Vídeo

Transcrición

En decembro do 2019 as autoridades chinesas

notificaron ó mundo que un virus estaba a expandirse no seu estado.

Nos meses seguintes, pasou a outros países, con casos dobrándose en días.

Este virus é o SARS-CoV-2,

que causa a enfermidade coñecida como Covid-19, popularmente chamada coronavirus.

Que pasa en realidade cando infecta un humano e que deberiamos facer?

[Cabeceira]

Un virus é só unha casca arredor de material xenético e unhas proteínas, non se pode dicir que é un ser vivo.

Só pode reproducirse entrando nunha célula viva.

O Corona pode propagarse a través de superficies,

pero aínda non hai certeza de canto pode sobrevivir nelas.

A súa principal vía de propagación parece que son as gotas xeradas ó tusir, ou se tocas alguén enfermo e logo a túa cara,

é dicir, se te frotas os ollos ou o nariz.

O virus comeza a súa viaxe aquí, e logo viaxa como polizón dentro do corpo.

Os seus destinos son o intestino, o bazo ou os pulmóns, onde pode ter efectos máis dramáticos.

Tan só uns poucos coronavirus poden provocar unha situación preocupante.

Os pulmóns están forrados con miles de millóns de células epiteliales.

Estas son a fronteira do teu corpo, cubrindo os teus órganos e mucosas, agardando ser infectadas.

O coronavirus conéctase cun receptor específico nas membranas da súa víctima para introducir o seu material xenético.

A célula, que non sabe que pasa, executa as instruccións novas, que son moi sinxelas:

copiar e reensamblar.

Énchese con máis e máis copias do virus orixinal ata que acada un punto crítico e recibe a orde final,

autodestruírse.

É como se a célula se derritise, liberando novas partículas de coronavirus dispostas a atacar máis células.

O número de células infectadas medra exponencialmente.

Tras arredor de 10 días, millóns de células están infectadas, e miles de millóns de virus pululan nos pulmóns.

O virus aínda non causou demasiado dano, pero o coronavirus vai liberar unha auténtica besta en ti,

o teu propio sistema inmunitario.

O sistema inmunitario, aínda que está para protexerte, pode ser moi perigoso para ti e precisa unha estreita regulación.

Cando as células inmunes entran nos pulmóns para combater o virus, este infecta algunhas e crea confusión.

As células non teñen nin ollos nin orellas.

Comunícanse maiormente mediante pequenas proteínas de información chamadas citoquinas.

Controlan case todas as reaccións inmunes importantes.

O coronavirus fai sobrerreacionar ás células inmunes e berrar asasinato sanguento.

Basicamente, pon ó sistema inmunitario nun frenesí bélico e manda moitos máis soldados dos que debería, desgastando recursos e causando dano.

Dous tipos de células en particular sementan o caos.

Primeiro, os neutrófilos, que son boas en matar cousas, incluíndo as nosas células.

Ó chegaren en milleiros, comezan a segregar enzimas que destrúen tantos amigos como enemigos.

O outro tipo importante de células que entran en furor son os linfocitos T, que frecuentemente ordenan suicidarse ás células infectadas.

Como están confusos, comezan a ordenar suicidarse tamén ás células sas.

Cantas máis e máis células inmunes chegan, maior dano fan, e o maior tecido pulmonar san matan.

Isto pode chegar a ser tan malo como para causar dano irreversible, que leva a enfermidades crónicas.

Na maioría dos casos, o sistema inmune retoma o control ós poucos.

Acaba coas células infectadas, intercepta ós virus que intentan infectar outras e limpa o campo de batalla.

A recuperación comeza.

A maioría de xente infectada con coronavirus superarao con síntomas relativamente leves.

Pero bastantes casos convértense en graves ou incluso críticos.

Non sabemos a porcentaxe porque non se identificaron todos os casos,

pero xa se pode dicir que son moitos máis que coa gripe. Nos casos máis graves,

millóns de células epiteliales morren e, con elas, a barreira protectora dos pulmóns desaparece.

Isto significa que os alvéolos (pequenos sacos de aire nos que se dá a respiración) poden ser infectados por bacterias que non adoitan ser un problema.

Os pacientes collen neumonía.

A respiración convértese en difícil ou incluso falla, e os pacientes precisan respiradores.

O sistema inmunitario loitou a plena capacidade por semanas e fabricou millóns de armas antivirais.

Ó reproducírense milleiros de bacterias, vese superado.

Estas entran no sangue e percorren o corpo; se sucede, a morte é moi probable.

O coronavirus adoita compararse coa gripe, pero en realidade é moito máis perigoso.

Aínda que é dificil de fixar a taxa de mortandade no medio dunha pandemia en curso,

sabemos que é moito máis contaxioso e que se propaga máis rápido que a gripe.

Hai dous futuros para unha pandemia como o coronavirus: rápido e lento.

Que futuro veremos depende de como reaccionemos nos primeiros días do brote.

Unha pandemia rápida será horrible e custará moitas vidas;

unha pandemia lenta non será lembrada nos libros de historia.

O peor escenario de pandemia rápida comeza cun ritmo de contaxio moi alto

porque non se toman medidas para reducilo.

Por que é tan malo?

Nunha epidemia rápida, moita xente enferma á vez.

Se os números son moi grandes, os sistemas sanitarios vense incapacitados para manexala.

Non hai suficientes recursos, como persoal médico ou equipos como ventiladores, para tratar a todos.

A xente morrerá sen tratamento.

E de xeito que os sanitarios tamén enferman, a capacidade do sistema sanitario cae aínda máis.

Chegados a esta situación, deberían facerse decisións horribles sobre quen vive e quen non.

O número de mortes increméntase de xeito significativo neste escenario.

Para evitalo, o mundo (todos nós) precisa facer o que poida para converter isto nunha pandemia lenta.

Unha pandemia ralentízase debido a respostas axeitadas.

Especialmente, na fase temperá, de xeito que poida tratarse a todo o mundo que enferma e non haxa hospitais colapsados.

Xa que non temos vacina para o coronavirus, temos que cambiar socialmente o noso comportamento,

para actuar como unha vacina social. Isto significa simplemente dúas cousas:

  1. Non contaxiarse; e 2. Non contaxiar.

Aínda que soa trivial, a mellor cousa que podes facer é lavar as mans.

O xabón é, en realidade, unha ferramenta poderosa.

O coronavirus está encapsulado no que é básicamente unha capa de graxa;

o xabón racha esa graxa e deixa ó virus incapaz de infectarte.

Tamén fai as túas mans escorregadizas, e co movemento mecánico do lavado, os virus vanse.

Para facelo de xeito axeitado, lava as mans coma se tiveses cortado xalapeños e quixeses porte logo lentes de contacto.

O seguinte é o distanciamento social, que non é algo agradable,

pero unha boa cousa a facer. Isto significa non darse apertas nin estreitar a man.

Se podes quedar na casa, queda na casa para protexer aqueles que precisan andar fóra:

de doutores a caixeiros ou policías. Dependes de todos eles; eles dependen de ti para non enfermar.

Nun nivel maior, existen corentenas, que poden implicar cousas diferentes, como restriccións de viaxe ou confinamentos domiciliarios.

As corentenas non son nin agradables nin, certamente, populares.

Pero dannos (especialmente ós investigadores traballando en menciñas e vacinas) tempo crucial.

Así que se te poñen en corentena, deberías entender por que e respectala.

Nada de isto é divertido. Pero botando un ollo en xeral, é un prezo moi pequeno a pagar.

A cuestión de como rematan as pandemias, depende de como comezan;

se comezan rápido, cunha curva empinada, rematan moi mal.

Se comezan despacio, cunha curva non tan empinada, rematan máis ou menos ben.

E, nestes días, está completamente nas nosas mans.

Literalmente, e

figuradamente.

Moitas grazas ós expertos que nos axudaron con pouca anticipación neste vídeo,

especialmente Our World In Data,

a publicación online para investigación e datos dos maiores problemas do mundo

e como progresar na súa solución.

Bótalle un ollo ó seu sitio. Tamén inclúe unha páxina constantemente actualizada sobre a pandemia de coronavirus.

[Música final] #QuedaNaCasa